Tras a chegada a España dos terminais potentes terminais telefónicos co sistema operativo Android Nexus One e HTC Desire, considerados coma o referente para tal plataforma móbil, Movistar comercializará a vindeiros de xullo o móbil chamado a tomarlles o relevo, o Samsung Galaxy S, que mellora aos anteriores en velocidade de proceso (o seu procesador S5PC110 combina un núcleo Cortex A8 a 1 GHz e un procesador gráfico PowerVR SGX540), pantalla (ten unha excelente pantalla SuperAMOLED de 4 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles), cámara de 5 Mpíxeles completada por unha cámara VGA para videoconferencia (o que permitiría comparar o terminal co iPhone 4), gravación de vídeo en alta definición a 720p, compatibilidade con múltiples formatos audiovisuais (3GP, WMV, AVI, MKV, FLV, MP3, AAC, WMA, OGG, AC3 e outros), conectividade Bluetooth 3.0, USB 2.0, Wi-Fi N e 8/16 Gb de memoria interna ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb, aGPS, un grosor de só 9,9 milímetros, un peso de 119 gramos e unha batería de 1.500 mAh.
Movistar introducirá o terminal no noso territorio a prezos bastante atractivos, coma poderían ser os 239 euros aos que sae o móbil con portabilidade, un compromiso de permanencia de 18 meses, unha tarifa de voz de 9 euros/mes e outra de datos de 10 euros/mes, mentres que os que opten por unha tarifa de voz de 20 euros/mes e outra de datos de 10 euros/mes tería que pagar só 59 euros polo terminal, que incluso sairá de balde nas portabilidades a Planazos de Movistar.
O Samsung Galaxy S tamén estará dispoñible a través do programa de fidelización de puntos, saíndo de balde por 130.800 puntos en Zona Azul con alta en tarifa de Internet cun compromiso de permanencia de 24 meses (por citar unha das ofertas de Movistar).
Movistar comercializará o Samsung Galaxy S a primeiros de xullo
Compartir Este Artigo
