
As críticas a esta SMS non se fixeron esperar, e Movistar tivo que empregar Twitter para calmar os ánimos dun xeito que poderiamos considerar lamentable, pois en vez de recoñecer o acontecido coma unha mala decisión que rectificarían, aseguraron que a SMS era un erro, e que estaban a investigar a fonte da mensaxe, información que non ten ningunha credibilidade porque as polémicas tarifas rectificadas non apareceron só na polémica SMS, senón que tamén figuraban na web da compañía dende o pasado 1 de xuño e eran confirmadas polos servizo de atención ao cliente.
Parece evidente que nun momento no que Movistar non terá en exclusiva a distribución en España do iPhone 4 era unha mala idea empeorar as condicións de contratación do iPhone, pois podería provocar unha fuga masiva de clientes (que poderían evitar tamén as penalizacións por non respectar o compromiso de permanencia pola modificación unilateral das condicións de contratación). Que Movistar recúe parece así todo un acerto, aínda que o xeito de facelo chegase a ofender a algúns usuarios que sentíronse enganados pola compañía.
Movistar non empeorará as condicións da Tarifa Plana iPhone
Compartir Este Artigo
