A febre polo iPhone e o iPad chega tamén á política norteamericana, e a campaña de Barack H. Obama, Organizing for America, vén de estrear aplicación na App Store que pretende axudar a conectar aos votantes cos seus congresistas de cara aos comicios electorais do outono.
O programa para terminais de Apple pode descargarse de balde, e permite acceder a alertas sobre eventos locais e oportunidades nas que involucrarse (completados con vídeos dentro da propia aplicación), novas estatais e locais sobre as eleccións e a posibilidade de compartilas en redes sociais coma Twitter ou Facebook, fotografías e vídeos (entre os que non faltan as mensaxes presidenciais), unha axenda coa información de contacto dos representantes no Congreso e incluso facer doazóns.
Obama estrea aplicación para iPhone e iPad
Compartir Este Artigo

