A causa xudicial de Viacom contra YouTube a través da que a parte denunciante sostiña que o portal de vídeos de YouTube incumpría o copyright baixo os criterio da Digital Millennium Copyright Act (DMCA), vén de pechar un primeiro capítulo, con vitoria para YouTube, por considerar que as medidas que pon a compañía para protexer o copyright son axeitadas, aínda que dende Viacom consideran que a sentenza é contraria ao espírito da DMCA, polo que pretenden recorrer a resolución en breve.
Esta decisión xudicial defendería o funcionamento actual de boa parte da Internet, na que son os usuarios os que comparten contidos, e os provedores de servizo só bloquean os mesmos ante reclamacións dos propietarios do copyright ou mediante certo tipo de filtros, de xeito que non se considera razoable que todos os contidos publicados por terceiros sexan responsabilidade de compañías coma Google.
YouTube gaña a causa contra Viacom
Compartir Este Artigo
