As iniciativas da Xunta de Galicia en materia de novas tecnoloxías son recollidas pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica dentro do espazo web iMit, que vén de renovarse para dirixir a súa orientación á web 2.0, de xeito que en breve estreará presenza en Facebook e Twitter, e que actualmente xa conta cunha canle multimedia e facilita o acceso ás súas fotografías publicadas en Flickr. No tocante á participación cidadá, o espazo dá un primeiro paso nese camiño incorporando unha enquisa na que cuestionan aos visitantes sobre o futuro do libro electrónico.
iMit tamén se adapta aos avances das medidas desenvolvidas pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica no último ano. A web recolle cinco liñas de actuación prioritarias: a Axenda Dixital, que aglutina a estratexia galega en materia de novas tecnoloxías, o Goberno electrónico, as telecomunicacións, a dinamización do uso das TIC e o impulso ao sector empresarial da sociedade da información. Neste sentido e como reflexo destas prioridades, iMit concíbese como a canle de comunicación sobre os programas e proxectos que se están a levar a cabo nestes ámbitos por parte da Xunta de Galicia.

Modernización reestrutura a páxina web que recolle as súas iniciativas
Compartir Este Artigo