A aposta de YouTube para achegarse ao televisor do noso salón son múltiples, achegándose tanto a través dalgunhas consolas de videoxogos como dalgúns dispositivos conectados, e para avanzar nesa dirección vén de presentar YouTube Leanback, un xeito de visualización de vídeos que busca que o usuario estea cómodo e minimice as súas interaccións para realizar un consumo bastante pasivo dos contidos que poden ser do seu interese.
YouTube Leanback pretende reproducirse a pantalla completa, permitindo navegar entre distintos vídeos a través dunha tira de clips que pode superporse sobre o vídeo en reprodución, á vez que tamén poden realizarse os controis multimedia básicos, limitándose todo este manexo aos cursores e á tecla de enter, polo que o punteiro do rato non ten que facer acto de presenza en pantalla, de xeito que será moi doado trasladar este funcionamento a distintos mandos a distancia dispoñibles no mercado.
Esta nova solución podería chegar a competir coa televisión tradicional, aínda que para que iso sexa posible haberá que agardar a que os consumidores conten con dispositivos que permitan esta posibilidade, como a futura Google TV, pois conectar o ordenador ao televisor do salón é menos habitual do que quixera Google.
Vídeo de presentación de YouTube Leanback
YouTube Leanback achega un xeito cómodo de ver vídeos
Compartir Este Artigo
