Cando un dos nosos amigos cumpre anos, Facebook permite remitirlles agasallos virtuais (polo que hai que pagar cunha moeda virtual que hai que adquirir con cartos reais), que podían coleccionarse, pero que non parecían gozar de moito atractivo para os usuarios, de xeito que Facebook Gifts pechará o vindeiro 1 de agosto, para enfocar os esforzos dos desenvolvedores da compañía en mellorar características de Facebook que si gozan de éxito.
Os agasallos entregados ata o momento conservaranse nos perfís dos usuarios que os recibiron, pero a partir de agosto será imposible adquirir máis obxectos deste tipo.
Facebook pechará a súa tenda de agasallos virtuais
Compartir Este Artigo
