
Dende Nokia aseguran nun comunicado que «o deseño da antena é un asunto complexo» no que son pioneiros (foron os primeiros fabricantes en comercializar móbiles con antenas internas) e tamén engaden que o xeito no que o usuario colle o teléfono debe terse moi en conta, algo no que parece fracasar Apple.
Dende RIM tamén están ofendidos polo feito de que Apple poña coma exemplo ao seu BlackBerry Bold 9700, e aseguran que ningún usuario dunha BlackBerry ten que empregar unha funda para utilizar o seu móbil sen problemas, mentres que dende HTC queren desacreditar a Apple por utilizar o seu Droid Eris para ilustrar o problema da antena noutros terminais, xa que a taxa de devolución deste último móbil sería do 0,016%, mentres que o iPhone 4 ten unha taxa de devolución do 0,055%.
Outro dos móbiles que Apple colocou na picota foi o Samsung Omnia II, e dende a compañía surcoreana negan que teñan problemas de cobertura, pois sitúan a súa antena na parte inferior (mentres que o iPhone 4 faino nun lateral) mantendo distancia coa man do usuario.
Despois destas redaccións dá a impresión de que os competidores de Apple teñen motivos máis que fundados para reaccionar, pois non hai que esquecer que o bloqueo da antena do iPhone 4 coa man do usuario corresponde a un agarre natural coa man esquerda, mentres que replicar o efecto noutros terminais é algo que non parece tanto doado, e non parece ser percibido na práctica por usuarios finais (algo que si fixeron multitude de usuarios do iPhone 4 nos EE.UU.).
Vídeo no que pode verse cómo un HTC Droid Eris perde cobertura cun agarre claramente forzado
Os competidores de Apple negan que os seus móbiles teñan problemas de cobertura coma o iPhone 4
Compartir Este Artigo
