Consulta dunha palabra no dicionario durante a lectura dun libro electrónico en iBooksiBooks, a aplicación para a lectura de libros electrónicos dende o iPad, chega á súa versión 1.1.1 incorporando múltiples novidades coma o feito de permitir ampliar as imaxes incrustadas nos textos co premer dúas veces sobre as mesmas, mellorar o rendemento na lectura de documentos PDF, buscar definicións de palabras inglesas en libros sen idioma especificado, soporte para libros que inclúa audio e vídeo e moitas melloras de estabilidade e rendemento, así como a corrección de problemas detectados en anteriores versións desta aplicación que xa está adaptada para iOS 4.0.