A tenda de libros Barnes & Noble estrou hoxe versión do seu lector de e-books NOOK para o sistema operativo móbil Android, facilitando así o acceso ao seu impresionante catálogo de libros a millóns de novos terminais, coma no pasado fixeron tamén ao adaptar a súa tenda de libros electrónicos ao iPhone, ao iPad, aos terminais BlackBerry e aos ordenadores persoais.
Aínda que para Android xa están dispoñibles outras ferramentas semellantes coma o Kindle de Amazon, o NOOK para Android é o primeiro lector/tenda de e-books para este sistema operativo que incorpora a función de emprestar libros aos amigos durante 14 días (a través da tecnoloxía LendMe, propietaria de B&N).
A nova aplicación de Barnes & Noble funciona en terminais con Android 1.6 ou superior e facilita o acceso a máis dun millóns de libros electrónicos dispoñibles na eBookstore, entre so que hai novidades, bestsellers e clásicos de balde, aínda que o catálogo de títulos en español é moi reducido.
Barnes & Noble leva os seus e-books a Android
Compartir Este Artigo

