A compañía galega de electrónica de consumo Blusens organizou un concurso na súa páxina de Facebook para que os seus seareiros co gallo do Grande Premio A-Style de Aragón que terá lugar en Alcañiz (Teruel) entre os días 17-19 de setembro. Os seareiros da compañía poderán compor frases con palabras que comecen coas letras que compoñen o nome de Blusens, e as 3 máis votadas poderán optar varios grupos de premios: – 1º posto: 2 entradas de paddock para toda a fin de semana do Grande Premio e 2 chaquetas do equipo Blusens STX – 2º posto: 2 polos e 2 camisetas oficiais do equipo Blusens STX e 2 camisetas Blubrain de Blusens – 3º posto: unha camiseta Blubrain, unha funda para o móbil e unha braga/bufanda Blusens
Con este tipo de iniciativas Blusens busca premiar aos consumidores que optan a seguir á compañía a través de plataformas coma Facebook, que empregan para establecer unha relación directa e regular cos seus seareiros.
Blusens regala pases para a Moto GP en Facebook
Compartir Este Artigo
