As redes sociais están a ter un impacto moi importante nas buscas locais, o que é posible en boa medida grazas ás funcionalidades de xeolocalización dos móbiles actuais, e avanzando nesta liña, así como na apertura de contidos en aberto na web, Tuenti estrea un mapa dinámico en tempo real de Tuenti Sitios, ao que poden acceder calquera internauta (aínda que non estea rexistrado en Tuenti) para explorar os máis de 40.000 sitios verificados que agrupados neste directorio.
Con esta iniciativa Tuenti facilita a presenza na web de milleiros de empresas e servizos, que poderán interactuar cos usuarios de Tuenti, que fan comentarios dos locais que visitan, enriquecendo a información sobre os mesmos e dándolle o valor que teñen as valoracións persoais.
Os establecementos listados en Tuenti Sitios poden colocar un adhesivo no seu local (estando o seu deseño dispoñible en Flickr para a súa descarga) para dar a coñecer aos seus visitantes que poden achegar comentarios sobre o mesmo na plataforma de redes sociais máis popular entre a mocidade española.
A páxina de cada sitio en Tuenti conta con información completa, mapas dinámicos, sitios próximos, galerías de fotos, opinións e índices de popularidade de cada servizo, o que resulta de moita utilidade para os usuarios, que poden contribuír con contidos sen temor a que os seus datos persoais queden expostos a terceiros.
Tuenti Sitios ábrease á web cun mapa dinámico en tempo real
Compartir Este Artigo
