O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza, dentro do Programa de Formación para 2010, o curso de Dirección e Xestión de Proxectos Informáticos. Certificación PMP, dirixido a todos aqueles que desexen formarse e certificarse nesta disciplina da profesión en Enxeñaría en Informática.
O curso ten unha capacidade de admisión de 25 alumnos/as, unha duración de 52 horas lectivas e un custo de 200 euros para os colexiados e de 1.200 euros para os que non o sexan. No mercado actual, os cursos preparatorios para a certificación PMP cunha duración de 30 horas están valorados en 1.500 euros. A acción formativa que organiza o CPEIG cobre as horas necesarias de formación polo PMI para a presentación á proba de certificación PMP.
O programa formativo está dividido en dous módulos: un deles cunha clara orientación teórica de cara á certificación, formado por catro sesións de cinco horas de duración cada unha delas, e outro cunha orientación máis práctica con escenarios de proxectos, problemáticas e resolución de exercicios de certificación PMP, formado por catro sesións de oito horas de duración cada unha delas.
Entregarase certificado das horas de asistencia ao curso válido para a obtención da certificación PMP. O prazo de inscrición remata o 29 de setembro ás 23.00 horas.
Aberto o prazo de inscrición para o Curso de Dirección e Xestión de Proxectos Informáticos organizado polo CPEIG
Compartir Este Artigo
