
Segundo engade Modernización, o orzamento desta iniciativa é de 955.000 euros para un período de dous anos. O obxectivo disto e da “centralización do custe” é permitirlles un aforro importante ás administracións galegas, evitándolles levar a cabo unha contratación individual no caso de ter que solicitar o servizo pola súa conta. Este posibilitaría, entre outras cousas, “a incorporación de certificados dixitais non dispoñibles ata agora, como por exemplo os certificados de empregado público ou de sede electrónica, e a continuación doutros que xa se estaban a empregar na Xunta e que arestora estarán tamén dispoñibles para o resto das entidades públicas galegas”, engade o Goberno galego.
As administracións galegas terán acceso de balde ao servizo de certificación e sinatura dixital da Xunta
Compartir Este Artigo
