O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, o director xeral da Entidade Pública Empresarial Red.es (dependente do Ministerio de Industria), Sebastián Muriel e a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, asinaron hoxe un convenio de colaboración para o desenvolvemento de servizos públicos dixitais no ámbito de Xustiza, no marco do Programa Ius+reD.
A sinatura deste convenio trilateral permitirá complementar as actuacións ca Comunidade Autónoma galega desenvolve no marco do Plan Senda 2014 para a modernización da Xustiza, e posibilitará a realización de actuacións coordinadas no conxunto do territorio nacional para contribuír a alcanzar un modelo de Administración de Xustiza áxil e tecnoloxicamente avanzado, enunciado no Plan de Modernización da Xustiza 2009-2012.
O investimento máximo do convenio, cofinanciado con fondos FEDER, ascende a 1.915.364 euros para o período 2010-2012, dos cales a Administración Autonómica aportará un máximo de 957.682€, o Ministerio de Xustiza 287.305€ e Red.es ata 670.377€.
As actuacións previstas no convenio permitirán a implantación na Comunidade galega do Expediente Xudicial Dixital, ca realización de actuacións de dixitalización, dotación de infraestruturas TIC, implantación de aplicacións e accións de capacitación. Ademais garantirá a conexión cos sistemas de xestión procesual das distintas comunidades autónomas para permitir a interoperabilidade cos órganos xudiciais do resto do país. O acordo tamén prevé a adaptación dos sistemas de gravación á implantación da Nova Oficina Xudicial, en particular á celebración e xestión das vistas orais, así como a adaptación dos sistemas para o uso da firma electrónica polos secretarios xudiciais nas salas de vista.
Así mesmo, permitirá avanzar na integración das tecnoloxías da información na Administración de Xustiza en Galicia como recolle o Plan Senda 2014, o primeiro plan de sistemas e tecnoloxías da información no ámbito xudicial galego, no que a Xunta investirá 34 millóns de euros en catro anos. A finalidade do plan é conseguir unha Administración de Xustiza máis eficaz completando o proceso de informatización ata chegar ao expediente xudicial electrónico; conseguir que sexa máis transparente e próxima á cidadanía; garantir cos servizos TIC prestados sexan de maior calidade, ofrecendo solucións tanto para o cidadán como para o colectivo xudicial adaptadas ás características e á realidade de Galicia; mellorar a interoperabilidade entre sistemas de información dos distintos organismos e promover a formación e a actualización dos coñecementos dos profesionais da Xustiza que se complementarán con accións de concienciación do uso xeralizado e correcto dos sistemas de información.
No contexto do Plan Avanza 2, o Ministerio de Xustiza e o de Industria, Turismo e Comercio subscribiron o 20 de abril de 2010 un convenio marco de colaboración entre ambos departamentos para o desenvolvemento de servizos públicos dixitais no ámbito da Administración de Xustiza. Baixo a denominación de Programa Ius+reD, o acordo permite, a través da Entidade Pública Empresarial Red.es, sentar as bases do desenvolvemento tecnolóxico previsto no Plan Estratéxico de Modernización da Xustiza 2009-2012. Ao acordo está previsto que se sumen as Comunidades Autónomas con competencias en Xustiza.
Co fin de contribuír á posta en marcha dos novos sistemas de información previstos no Plan Estratéxico de Modernización da Xustiza 2009-2012, o convenio contempla iniciar a implantación do Expediente Xudicial Dixital, dotar ás Salas de Vistas de novos sistemas dixitais de gravación audiovisual e equipos de videoconferencia, e realizar actuacións para garantir la interoperabilidade de los sistemas de xestión procesual de las CCAA con competencias en Xustiza. Tamén prevé a informatización e dixitalización dos Xulgados de Paz e a instalación de quioscos electrónicos de autoservizo para trámites relacionados co Rexistro Civil.
Este proxecto levase a cabo grazas á cofinanciación da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o que permite contribuír a mellorar a cohesión social das rexións españolas mediante a corrección dos principais desequilibrios rexionais. Neste sentido, as actuacións levadas a cabo por Red.es céntranse en fomentar o desenvolvemento do entorno produtivo, o desenvolvemento tecnolóxico e da sociedade da información. Red.es é Organismo Intermedio nos Programas Operativos: Programa Operativo Economía Baseada no Coñecemento (POEC), Fondo Tecnolóxico, e distintos Programas Operativos Rexionais.
O Programa Ius+reD contribuirá á modernización tecnolóxica da xustiza galega
Compartir Este Artigo
