Axentes da Policía Nacional desmantelaron unha tenda virtual na que se vendían imitacións de reloxos de marcas de recoñecido prestixio, procedéndose ao arresto en León do responsable da web que, en plena campaña de Nadal, ofertaba máis de 1.100 modelos diferentes aos internautas. O administrador da páxina, un experto informático, utilizaba as redes Wi-Fi dos seus veciños (que desencriptaba el mesmo) para evitar a súa localización, así como unha identidade falsa. Estímase que o volume de vendas mensual ascendía a máis de 8.000 euros, aínda que se terían incrementado durante este mes.
A investigación iniciouse a partir dunha denuncia presentada por varios dos afectados por este delito contra a propiedade industrial contra os administradores dunha páxina web na que se vendían reloxos falsificados. Xunto á denuncia achegaron probas de compra de réplicas de reloxos das súas marcas. As falsificacións foron remitidas á Comisaría Xeral de Policía Científica para a súa análise onde acreditouse a falsidade dos obxectos.
Paralelamente localizáronse na Internet numerosos anuncios relacionados coa páxina web denunciada que, ofertaban publicamente réplicas de reloxos de marcas de recoñecido prestixio.
Os axentes situaron o paradoiro do responsable da web na cidade de León, dende onde ao parecer se xestionaba a tenda virtual, resultando a localización bastante complexa, por utilizar unha identidade falsa para as transaccións de paquetería relativas á venda de reloxos falsos (pagados cotra reembolso), utilizar teléfonos móbiles a nome de cidadáns residentes fóra de España e locutorios públicos, así como por cambiar de domicilio con frecuencia.
Desmantelan unha tenda virtual de reloxos falsificados
Compartir Este Artigo
