A aparición do PS Jailbreak, unha solución que permite evitar a protección, ata o momento invicta, da PlayStation 3, levou á división de videoxogos de Sony a solicitar medidas cautelares para evitar a súa distribución e venda en España, así como doutros dispositivos de semellantes características, de xeito que en setembro realizáronse actuacións en tal sentido, o que agora Isabel Giménez García, maxistrada do Reforzo do Xulgado Mercantil nº 8 de Barcelona acordou que non estaba xustificado, levantando as medidas cautelares e condenando a Sony a pagar os danos e prexuízos producidos aos suxeitos pasivos polas mesmas, nun auto que contra o que aínda cabe recurso de apelación, aínda que non parece que vaia haber cambios ao respecto se temos en conta os numerosos antecedentes existentes neste ámbito, pois en España sempre se consideraron legais as solucións propias da modificación de consolas de videoxogos para permitir o uso de funcionalidades vetadas polo seu fabricante (como a execución tanto de copias de títulos comerciais como de aplicacións caseiras).
Pese a que dende Sony sosteñen que o PS Jailbreak está destinado principalmente para utilizar xogos non orixinais na PS3, a defensa soubo soster que non é así (de feito, tal funcionalidade non vén de fábrica) empregando entre os argumentos que este tipo de solucións facilita, por exemplo, a instalación de Linux na PS3, algo que podía facerse na consola con normalidade ata que Sony eliminou tal funcionalidade de xeito unilateral a través dunha actualización de seguridade.
Retiran as medidas cautelares contra o PS Jailbreak
Compartir Este Artigo
