Clases de Periodismo publicou hoxe un libro electrónico de descarga de balde titulado Reflexiones sobre Periodismo. Lo que dejó 2010 y lo que se viene en 2011, que recolle unha serie de artigos con análises, opinións e experiencias de xornalistas, investigadores e académicos de España, Colombia, Arxentina, México e Perú. Concretamente falamos de Renata Cabrales, Silvia Cobo, Cristina F. Pereda, Rocío Gallegos, Juan Larzabal, José Luis Orihuela, Dolors Reig, José Manuel Rordíguez, Alejandro Rost, Marco Sifuentes, Mario Tascón e Bárbara Yuste, que repasan temas coma WikiLeaks, o futuro do xornalismo, a transición empresarial e tecnolóxica do sector da prensa, a orientación dos medios á socialización ou as tendencias nas redaccións para 2011. Unha lectura obrigada para os profesionais da comunicación que queiran saber máis do cambio que está a experimentar o mundo do periodismo por mor da revolución tecnolóxica que achegou a Internet.
Reflexiones sobre Periodismo, lo que dejó 2010 y lo que se viene en 2011
Novo e-book de balde sobre a situación do xornalismo
Compartir Este Artigo
