A Xunta de Galicia considera un éxito o programa Navega con rumbo polo Ciberespazo, impulsado pola Secretaría Xeral e Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria; que ten chegado a máis de 5.000 escolares que participan no Plan Abalar. Ademais, este proxecto resultou finalista dos premios concedidos o pasado 22 de decembro pola Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (EGANET).
O programa, desenvolvido ao longo de dous meses, tiña como obxectivo impartir charlas divulgativas para que os escolares realicen un uso responsable das TIC. A través deste programa, realizado en 34 centros da provincia de A Coruña, 14 de Lugo 13 de Ourense e 28 de Pontevedra, máis de 5.000 estudantes, uns 500 profesores e 300 pais e nais recibiron indicacións para facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder aproveitalas ao máximo posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.
Deste xeito deuse reposta á preocupación das familias e da comunidade educativa pola seguridade dos seus fillos e alumnos no uso das novas tecnoloxías, nomeadamente da internet. O Plan Navega con Rumbo incluíu unha serie de guías (das que se editaron 25.000 exemplares) dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás nais e pais; que asemade poden ser descargadas dunha web específica e o xa aludido programa de visitas aos centros escolares, onde os enxeñeiros informáticos expoñen recomendacións e consellos para navegar por internet e participar nas redes sociais.
5.000 escolares participaron no programa Navega con Rumbo
Compartir Este Artigo
