O pasado novembro botou a andar en probas a plataforma virtual Oleiros iTV, unha iniciativa da empresa Artabria Comunicación que ofrece actualmente aplicacións multimedia, animación flash e vídeos tradicionais.
A páxina web conta con conexión ás redes sociais Facebook e Twitter e tamén con YouTube, é compatible con todos os navegadores e apta para tablets e teléfonos móbiles. Actualmente conta cun videoxogo de coches que se chama Vía Ártabra, ¡se el primero en estrenarla!, un documental sobre o xardín do castelo de Santa Cruz, un paseo virtual pola ría do Burgo e outros contidos entre os que agardan que no futuro formen parte retransmisións pola Internet dos partidos de fútbol da próxima edición da Copa de Oleiros.
No enderezo web desta iniciativa inclúese un proxecto, realizado tamén por Artabria Comunicación, para reordenar o tráfico no cruce de Santa Cristina que ao parecer interesou ao alcalde, polo que solicitou información sobre el, pois leva anos reclamando á Xunta unha rotonda en tal cruce. O proxecto é unha recreación virtual de como quedaría a zona tras eliminar a gasolineira e situar nela unha estación intermodal para autobuses e taxis. O cruce converteríase nunha grande rotonda: nunha zona circular situaríase a fonte con forma do escudo de Oleiros e o resto do espazo sería peonil, con bancos e un quiosco de prensa.
Oleiros iTV chega á web como unha proposta multimedia hiperlocal
Compartir Este Artigo
