O Instituto da Cinematografía e as Artes Audiovisuais vén de publicar dúas liñas de axuda para a produción de curtametraxes e obras audiovisuais con novas tecnoloxías da creación, promoción e distribución. Segundo nos conta AGAPI, os apoios do ICAA foron dados a coñecer no BOE do 13 de xaneiro deste ano que vén de comezar, e máis en detalle trátase de dunha achega de axudas para obras realizadas e doutra para obras en proxecto.
A primeira conta cun orzamento de 1.720.000 euros. A contía máxima da axuda non pode superar os 30.500 euros por título nin o 50% do orzamento da película, no caso das curtametraxes en proxecto, e o 75% do investimento do produtor, no caso das curtametraxes realizadas.
O ICAA convoca axudas para obras audiovisuais con novas tecnoloxías
Compartir Este Artigo
