
Esta nova aplicación que pode descargarse de balde da App Store emprega maioritariamente datos de Meteogalicia e foi deseñada e desenvolvida por Filloa Dev, estudo composto polos enxeñeiros técnicos en Informática de Sistemas (actualmente rematando o segundo ciclo) Víctor Pena e Esteban Bouza.
O Tempo permite consultar a predición meteorolóxica para Galicia con só mover un dedo, podendo accederse tanto á predición xeral sobre o mapa como ao tempo por localidades (inicialmente amosa a máis próxima detectada por GPS das 17 localidades ofrecidas por Meteogalicia). Tamén é unha ferramenta moi práctica para o verán, pois permite comprobar o tempo nas praias que ofrece o servizo meteorolóxico galego (que tamén poden localizarse no mapa) así como a consulta de alertas.
Nova aplicación meteorolóxica galega para iPhone
Compartir Este Artigo

