
O obxectivo da Xunta de Galicia tras a resolución do concurso da radiodifusión é a reorganización e racionalización do espectro radioeléctrico, pois a resolución deste concurso permitirá ampliar a oferta radiofónica dispoñible en Galicia, favorecendo o pluralismo informativo coa entrada de novos operadores no mercado. Tamén contribuirá a que moitos cidadáns que non tiñan acceso ás actuais cadeas de radiodifusión poidan ampliar o dial e fomentará a difusión do idioma e a cultura galega nas ondas radiofónicas.
O secretario xeral de Medios concretou que un total de 40 concellos de Galicia se beneficiarán deste concurso. Así, na provincia da Coruña ofertaranse frecuencias nos concellos de Arzúa, Carballo, Cariño, Cee, Coruña, Ferrol, Muros, Ordes, Santiago e Vimianzo. Na provincia de Lugo, nos municipios de Becerreá, Chantada, Fonsagrada, Foz, Lugo, Monforte de Lemos, Navia de Suarna, Palas de Rei, Quiroga, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro.
No que respecta á provincia de Ourense, os concellos que disporán de frecuencias serán o de Allariz, Avión, O Barco de Valdeorras, Carballiño, Celanova, Lobios, Ourense, Ribadavia, Verín, Viana do Bolo e Xinzo de Limia. Por último, en Pontevedra, ofertaranse en Arbo, Estrada, Lalín, Pontevedra, Tui e Vilagarcía de Arousa.
En abril convocarase un concurso para a concesión de 84 licenzas de radio FM
Compartir Este Artigo
