
O delegado territorial da Xunta en Ourense, na súa intervención, asegurou que «o goberno galego está a cumprir co compromiso adquirido coa cidadanía, que non era outro que o de contar cunha aula de Modernización e Inclusión Tecnolóxica a menos de trinta minutos da residencia de cada galego e acadar unha aula avanzada. A Rede CeMIT é unha realidade. Ao rematar este ano haberá en funcionamento 94 aulas en 88 concellos de Galicia», dixo.
Desde Ortigueira , a través de videconferencia, o alcalde do municipio, Rafael Girón, inauguraba ó mesmo tempo a aula CeMIT que a Xunta de Galicia abría no seu concello.
A Xunta de Galicia colabora coa dotación e instalación de equipos audiovisuais e multimedia, así como co seu mantemento tecnolóxico, para o que realizou un investimento de 120.000 euros. Amais, incorpora ao concello á Rede CeMIT para que se beneficien do traballo colaborativo en rede e da comunidade virtual CeMIT.
Castro Caldelas súmase á Rede CeMIT
Compartir Este Artigo
