
Entre outras actividades de formación, capacitación e promoción no ámbito das tecnoloxías da información previstas no acordo, destacan: – Xornadas As relacións da Empresa coa Administración electrónica – Publicación con comentarios técnico-xurídicos ao Decreto de Administración Electrónica, glosario e terminoloxía. – Realización dun estudo a determinar entre interoperabilidade de sistemas na Administración Pública (posibilidades e realidade) e open data ou reutilización de información do sector público (risp). – Formación a outros colexios e/ou colectivos na difusión dos fundamentos da administración electrónica. – III Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia. – Xornadas formativas sobre calidade no software (CMMI, ISO20000,…). – Xornadas formativas sobre tecnoloxía, liderado e intelixencia emocional. – Xornadas formativas en dirección e xestión de proxectos informáticos.
As accións anteriores contribuirán a desenvolver plans de formación para o crecemento da Sociedade da Información e a capacitación profesional nas tecnoloxías da información entre os profesionais e a sociedade en xeral, de aí que o acordo estea enmarcado nas accións definidas na Axenda Dixital de Galicia 2014.gal. Ademais, incorporan a accesibilidade como condición indispensable das actuacións; repercutirán no incremento dos contidos divulgativos en galego en Internet; difundirán e divulgarán as vantaxes da incorporación das TIC en todos os sectores, así como do sector profesional das TIC, e contribuirán á igualdade de xénero no sector das TIC.
Ademais deste convenio, o CPEIG asinará en vindeiras datas un acordo para a segunda edición do programa Navega con Rumbo polo Ciberespazo, dentro da Escola Abalar.
O CPEIG anuncia as actividades que emprenderá en colaboración con Modernización
Compartir Este Artigo
