O número de descargas do Firefox 4 pode seguirse en tempo real vía webO lanzamento do Mozilla Firefox 4 está a ser todo un éxito, conseguindo facerse en apenas 24 horas co 1,95% do mercado dos navegadores web segundo StatCounter, superando ao Internet Explorer 9 que saíu hai máis dunha semana (o que podería vir provocado polo feito de que o novo navegador de Microsoft fose incompatible con Windows XP, o que limita o seu público potencial). De todos os xeitos o Internet Explorer continúa a ser o navegador web líder a nivel mundial, cun 45% do mercado, seguido por Firefox co 30% e Chrome co 17%, resultando curioso o feito de que nos EE.UU. o Firefox e o Chrome teñan un ratio de uso inferior á media, mentres que en Europa o Firefox conseguiu superar ao Internet Explorer dende o paso mes de decembro(segundo os datos de StatCounter). O número de descargas rexistradas polo Firefox 4 nas súas primeiras 24 horas sería de 7,1 millóns, o que parece un número moi elevado, pero quedou por debaixo do Firefox 3, que superara en 2008 os 8,2 millóns de descargas en 24 horas, grazas en boa medida a unha intensa campaña de captación de usuarios emprendida a nivel mundial.