O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, fixeron entrega na Fundación ECAP de Zürich dos diplomas aos 50 alumnos do curso de formación Redes Sociais na web e técnicas de hardware, financiado pola Xunta de Galicia.
No acto Rueda destacou o importante esforzo orzamentario que está a levar a cabo o Goberno autonómico para garantir os servizos máis básicos dos galegos, vivan onde vivan, especialmente en eidos tan importantes para a sociedade como a Educación, no que se se enmarca a acción formativa en informática que se desenvolveu no centro suízo e que segundo o conselleiro «enlaza a nosa responsabilidade como Goberno coa realidade dun país galego con múltiples existencias e realidades, fóra e dentro das súas fronteiras».
Rueda destacou que a formación en informática e redes sociais que o Goberno vén de achegar á diáspora serviralle para «intentar entender este mundo cambiante e intercambiar experiencias e esperanzas» con outros galegos de calquera parte do mundo e será unha «arma máis» para encarar o futuro. A través destas novas ferramentas informáticas a Xunta trata de espallar dentro e fóra do seu territorio unha mensaxe de esperanza para os galego de dentro e fóra de Galicia.
Entregan os diplomas acreditativos dun curso de informática en Zürich
Compartir Este Artigo
