
Feijoo remarcou que xa en 2010 o Goberno galego conseguiu reducir nun terzo a poboación sen cobertura de Internet cun investimento de 255 millóns de euros «o que supón un salto exponencial en tal só dous anos», destacando que «Europa ten máis cobertura que nós pero estamos intentando converxer con Europa e con España a unha velocidade dúas veces superior».
O presidente galego salientou, na súa intervención, outros resultados da aplicación da Axenda Dixital no ano 2010. En relación ás zonas rurais e urbanas, explicou que a diferenza media de dispoñibilidade de banda larga entre as provincias do interior e do eixo atlántico pasou do 20% ao 10% en 2010 «e pretendemos que sexa do 7% en 2011». Incrementouse, ademais, un 35% a poboación con acceso a banda larga nos núcleos de poboación de menos de 100 habitantes e nun 23% nos núcleos de poboación de 100 a 1000 habitantes.
Tamén explicou que a nova política de centralización na compra de infraestrutura tecnolóxica e software permitiu aforrar un promedio do 37% e reducir preto de 4.500 o número de licenzas ofimáticas grazas ao uso do software libre. Feijoo referiuse á construción do Centro de Proceso de Datos na Cidade da Cultura destacando que suporá un aforro en alugueiros e de consumo de enerxía de 3 millóns de euros ao ano, cos que se financiarán a totalidade da obra.

A integración das TIC na Xustiza tamén é unha das prioridades da Xunta, de aí que emprendese o Plan Senda 2014, avanzándose de cara ao expediente xudicial dixital coa implantación do sistema Lexnet para a presentación telemática segura de escritos, demandas e notificacións entre os órganos xudiciais e os diferentes axentes que participan nunha tramitación xudicial.

Xa nun ámbito máis social, tamén fixeron repaso das actuacións en alfabetización dixital levados a cabo das 94 aulas da Rede CeMIT, que recolle unha oferta de máis de 1.000 cursos de balde impartidos en 89 concellos. Aínda que este tipo de iniciativa van dirixidas para a poboación en xeral, resulta de especial interese para profesionais, PEME e traballadores das administracións públicas.
A Administración autonómica tamén impulsou a economía do coñecemento, achegando preto de 37 millóns de euros durante 2010 a través de diferentes programas de axudas. Tamén púxose en marcha a iniciativa de creación dun Centro Demostrador TIC, que entrará en funcionamento no segundo semestre do presente ano e busca contribuír á introdución das TIC nos procesos de negocio de autónomos e pequenas e medianas empresas.
Declaracións do presidente da Xunta tras a celebración do Consello da Xunta desta mañá
A Xunta fai balance da Axenda Dixital 2014.gal
Compartir Este Artigo
