O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, participou na apertura do Foro Investimento Galicia 2011 do Instituto Galego de Promoción EconómicaEsta mañá botou a andar o primeiro Foro de Investimento Galicia AT Venture, contando coa presenza do conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, acompañado polo director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Joaquín Varela de Limia, durante a súa inauguración, onde o conselleiro adiantou a habilitación dun novo fondo de capital risco para empresas de base tecnolóxica, orzado en 20 millóns de euros. Guerra salientou que a Consellería de Economía e Industria puxo en marcha este Foro para localizar proxectos innovadores «con gran potencial de crecemento» e poñelos en contacto con investidores, tanto públicos como privados. O encontro, organizado polo IGAPE e BIC Galicia, forma parte do proxecto europeo At Venture, que une ás rexións atlánticas na tarefa de mellorar os mercados de capital risco. O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, participou na apertura do Foro Investimento Galicia 2011 do Instituto Galego de Promoción EconómicaNo encontro presentáronse 7 proxectos (Aqualgae, Argonáutica Grupo Náutico, Asired Servizos Telemáticos, Confirmsign, Hentopharma, Ikimap e Teimas Desenvolvemento), escollidos entre mais de 60 iniciativas. Cómpre destacar que entre emprendementos destacados predominan os de base tecnolóxica. O Foro conta cunha páxina web para favorecer a súa difusión, estando tamén presente en Facebook e Twitter, e, tras o remate da xornada, tirará proveito de Flickr para publicar fotografías do Foro e de YouTube para facer o propio con vídeos da xornada e entrevistas realizadas sobre os mencionados proxectos finalistas.