
Martínez explicou que a aplicación informática facilita aos concellos a elaboración dos formularios de solicitude da convocatoria anual de subvencións, estando dispoñible no apartado de recursos do Portal de Benestar.
O Delegado Territorial destacou a importancia deste novo instrumento, «xa que axiliza o pago das axudas». En concreto, «permite acurtar prazos na tramitación das axudas, xa que, entre outras medidas, a través da web se poderá requirir aos concellos a documentación necesaria para que completen correctamente a solicitude das axudas». Sinalou, ademais, que a Xunta decidiu deseñar esta aplicación, na que se introducen os datos dunha única vez e na que os cálculos realízanse de xeito automatizado porque permitirá unha correcta elaboración das solicitudes e axilizará o procedemento, ao diminuír, previsiblemente, o número de requirimentos de emenda que habería que enviar ás corporacións locais.
Posteriormente técnicos de Benestar mantiveron unha xuntanza para informar aos técnicos dos servizos sociais dos concellos da nova aplicación, que xa está en marcha e están a probar as corporacións locais.
Presentan en Ourense a aplicación informática do Plan Concertado
Compartir Este Artigo
