O portal da Xunta de Galicia non estivo accesible desde onte á noite tras rexistrase unha avaría eléctrica no Centro de Proceso de Datos (CPD) que xestiona esta aplicación. Os técnicos traballaron desde o momento no que se detectou o fallo para restablecer o servizo.
A avaría, que tivo lugar ás 21:45 horas, provocou un incremento elevado da temperatura nestas instalacións que afectou a todos os sistemas aloxados neste CPD, provocando o apagado das máquinas.
En torno ás 1:00 horas restableceuse a temperatura das instalacións e iniciouse a restauración paulatina dos servizos que xestiona este CPD. O traballo dos técnicos centrouse no restablecemento dos servizos, que foi realizándose de xeito paulatino a medida que solucionaron as incidencias provocadas pola avaría.
A meirande parte dos servizos están xa operativos e o portal da Xunta está accesible no momento de escribir estas liñas.
Un fallo eléctrico impediu o acceso á páxina web da Xunta durante varias horas
Compartir Este Artigo
