A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, expuxo hoxe no Parlamento de Galicia os avances realizados no eido da Atención Primaria esta lexislatura, entre os que salientou que xa está practicamente completada a dotación de equipamento informático que permitirá que neste ano todos os profesionais teñan acceso á historia clínica e receita electrónica.
Segundo explicou, co obxectivo de aumentar a capacidade de resolución dos problemas de saúde no ámbito da Atención Primaria, puxéronse en marcha plans de dotación tecnolóxica e formación para que en todos os centros de saúde se poidan realizar técnicas de cirurxía menor, teledermatoloxía, citoloxías preventivas de colo de útero, espirometrías, doppler e monitorización de presión arterial. Ademais, nalgúns centros, xeralmente cabeceiras de servizo, tamén se fan ecografías e retinografías. No terreo da integración asistencial, o Servizo Galego de Saúde segue a traballar na implantación das vías rápidas e procesos asistenciais.
Farjas asegura que este ano todos os profesionais de Atención Primaria terán acceso á histoia clínica electrónica e á e-receita
Compartir Este Artigo
