Os usuarios que teñan móbiles con Android ou iOS con cámara frontal poden mirar de sumarse á fase de probas de Fring, aplicación que está a evolucionar para enriquecer a súa solución de chat, voz sobre IP e videoconferencia no móbil con videoconferencias con ata 4 persoas simultáneas.
Dende Fring están a limitar as probas desta nova aplicación para abrila só a usuarios que vaian a achegar feedback para corrixir o software antes do seu lanzamento oficial. Os interesados poden solicitar a súa participación na beta de Fring a través dun formulario en liña.
Vídeo de presentación das videoconferencias en grupo con Fring
Fring proba a multi-conferencia móbil
Compartir Este Artigo

