
O proxecto de HUMAN é consecuencia directa da dimensión que acada a actividade profesional, innovadora e multisectorial, desenvolvida polos seus socios tanto no ámbito privado (sistemas de información e consultoría de xestión empresarial e da calidade) como na público (enxeñería de procesos e procedementos).
Fundada no 2009, en HUMAN dispoñen dun equipo novo, multidisciplinar, altamente cualificado e cun rendemento constante dende o inicio da súa actividade. Sitúa o seu centro de traballo en Moaña. – Queres Tecnologías: consultora en tecnoloxías da información especializada no desenvolvemento de software, en concreto, na área de Xestión Documental Open Source. Pretende axudar ás empresas a optimizar os procesos de negocio relacionados coa documentación, minimizando desde xeito o uso do papel e apoiando a un mundo máis sustentable.
Ademais de servizos de asesoramento e solucións para a Xestión Documental Open Source, ofrece servizos de consultoría TI e solucións para a xestión de contidos Web e Intranets.
Os seus traballos son coidadosamente desenvolvidos para poder ser re utilizados e axudar a novos clientes, tanto se se trata de plugins ou de modificacións, co obxectivo de facilitar os procesos de todos. Neste aspecto, contan con produtos de facturación de provedores, xestión de calidade (proporciona os fluxos e a organización necesaria para xestionar a documentación necesaria para a ISO9001), firma electrónica, xestión de CV”s e coa aplicación A3S para a xestión documental corporativa.
Queres Tecnologías, situada en Oleiros, é partner recoñecido da compañía Alfresco. – VyP Estudio: empresa de Redondela integrada por profesionais de recoñecida experiencia no sector do deseño gráfico, a publicidade e a mercadotecnia. Ofrecen un servizo integral publicitario, no que teñen cabida campañas publicitarias e de creación de imaxe corporativa, así como ao deseño e desenvolvemento completo de páxinas web, desde a concepción da páxina, a compra de dominios e aloxamento, ata a redacción, deseño, tradución, creación de tenda en liña, contas de correo, etc.
Traballan tamén, na creación e deseño de cartelaría e vallas publicitarias e ofrecen a posibilidade de localizalas e colocalas na cidade, ou distribuílos no caso dos folletos. Completan o seu amplo abano de servizos coa creación de produtos editoriais, de packaging e envases, expositores e rotulación e cun servizo de tirada curta. – Confirmsign S.L.: creada en 2009 e situada en Oleiros, esta empresa desenvolveu a plataforma on-line do mesmo nome para a transmisión de comunicacións certificadas a través do correo electrónico. A súa principal actividade é, pois, a prestación de servizos de comunicación a través de Internet.
O sistema ConfirmSign é un protocolo deseñado, desenvolvido e 100% propiedade de ConfirmSign, S.L., cuxa base é o depósito de documentación ou mensaxes dun emisor a un destinatario. A plataforma, que responde a Tercero de Confianza pola LSSI, certifica e documenta todos os envíos e comunicacións achegando os atributos precisos para ser proba legal fronte a terceiros e coa posibilidade de solicitar acta notarial.
Asemade, garante a inalterabilidade tanto o contido do envío coma os documentos achegados e permite arquivar todos os envíos durante un período de cinco anos.
Human Soft, Queres Tecnologías, VyP Estudio e ConfirmSign adhírense a EGANET
Compartir Este Artigo
