
Pola súa banda, Mar Pereira fixo un chamamento «para superar a fenda de xénero nos estudos, a investigación e os empregos TIC, non só por razóns de equidade senón de desenvolvemento económico e social. A incorporación da muller á investigación, a docencia ou a xestión supón un progreso social» ao que engadiu que a xornada inaugurada representa «unha ocasión excelente para examinar o conxunto de factores que inflúen na participación das mulleres nos estudos e as carreiras profesionais TIC, para considerar os modelos existentes de representación feminina, comparar as medidas adoptadas para facer fronte a estes problemas e determinar que nos queda por facer no camiño da igualdade».

A secretaria xeral de Igualdade lembrou que aínda que hai pouca información sobre as barreiras existentes para a incorporación en igualdade das mulleres no sector TIC, parece que unha delas é «a desigualdade existente aínda no acceso ás carreiras técnicas por parte das mulleres, que parecen interesarse en maior número, ou ser orientadas cara a outras disciplinas do saber onde consideran que conseguirán un lugar máis facilmente».
Bota a andar no CNTG unha xornada sobre a fenda de xénero no sector TIC
Compartir Este Artigo
