
Lynda Cooper é recoñecida na industria como un referente na Xestión de Servizos TI e conta con experiencia en proxectos de implantación das boas prácticas de ITIL e de certificación ISO 20000 en varios países. Dende o seu novo posto en Ozona, Lynda Cooper está a participar xa en diferentes proxectos: Colt Technolgy (Auditoría interna), Portugal Telecom (formación avanzada para os xestores de proceso ISO 20000), coaching para equipos directivos (Universidade de Lisboa), etc.
O obxectivo de Ozona incorporando a Lynda Cooper no seu equipo de consultores, no que xa se encontra outro editor internacional desta norma, é ofrecer aos seus clientes o mellor equipo de profesionais para abordar proxectos de conformidade e certificación coa ISO 20000.
A norma internacional ISO 20000, cuxa nova versión acaba de saír á luz, define cales son as bases que ten que ter un sistema de xestión de servizos TI e os pasos que ten que seguir unha empresa para poder conseguir a certificación.
Tal e como sinala Diego Berea, director de Ozona Consulting «contar cun perfil como o de Lynda Cooper dentro do equipo, coa súa experiencia e o seu prestixio internacional, supón para Ozona un valor diferencial na súa proposta de valor, na calidade dos seus servizos e un reforzo vital para proxectos multinacionais. Dende o seu coñecemento en prácticas de ITIL V3, ISO 20000 e cultura de servizo, amosará as vantaxes que representa esta norma para empresas de todos os tamaños» ao que engade que «a sinatura deste acordo amplía o número de consultores especialistas en ISO 20000 e converte a Ozona nun referente no sector».

No pasado Forum ISO 20000, que tivo lugar en Madrid e Barcelona en marzo onde se presentaron as novidades diso 20000:2011, Cooper comentou que «o cambio da certificación de 2005 a 2011 vai supoñer ás compañías aprendizaxe e concienciación. Ademais de revisar a definición do alcance da certificación, actualizar e implementar outros procesos, plans e a revisión da pre-auditoria».
Lynda Cooper asinou un acordo en exclusiva con Ozona para consultoría, formación e coaching en ISO 20000
Compartir Este Artigo
