
Con máis de 400.000 empregados e presente en 170 países, IBM entra no seu segundo século de vida tras conseguir importantes logros financeiros e de innovación no último ano: un beneficio neto record de 14.800 millóns de dólares e un novo record de rexistro de patentes, converténdoa na primeira compañía en desenvolver máis de 5.896 patentes nun so ano.

Os interesados en profundizar no centenario desta compañía poden visitar a páxina web creada a tal efecto, na que recollen as innovacións realizadas por IBM e detalles sobre a celebración do 100º aniversario entre os que resulta especialmente representativo un vídeo no que aparecen un cento de persoas ordenadas (inversamente) por idade, para ilustrar os logros de IBM durante todos estes anos:

Ao mesmo tempo que IBM adaptaba o seu negocio ás necesidades do mercado, tamén ía crecendo e modificando o seu modelo organizativo, co obxecto de gañar en competitividade, axilidade e ser máis flexible. Innovación tecnolóxica.

· En 1923, as tarxetas perforadas de IBM axudaron a facer fronte a proxectos de grande envergadura, como a creación do censo dos EE.UU.
· En 1934, IBM automatizou o rexistro de cheques nos bancos grazas ao seu equipo 801 Bank Proof.
· En 1944, IBM presentou o Automatic Sequence Controlled Calculator (ASCC), primeiro equipo capaz de realizar cálculos complexos de forma automática.
· En 1964, IBM lanzou o primeiro sistema mainframe (360 System), que foi definido por Thomas J. Watson como o anuncio de produto máis importante da historia de IBM.
· Nos anos 70, IBM creou o disco flexible e comercializou o Univesal Product Code, o estándar dos códigos de barras.
· En 1981, IBM anunciou o primeiro PC, o ordenador persoal de máis éxito de todos os tempos.
· En 1997, o superordenador Deep Blue derrotou a Gary Kasparov, o mellor xogador de xadrez do mundo.
· En 2008, IBM anunciou a súa estratexia Planeta Intelixente (Smarter Planet).
IBM cumpre 100 anos este xoves
Compartir Este Artigo
