Tras retransmitir a voda real británica e a beatificación de Xoán Paulo II, YouTube vai levar a experiencia de transmisión de vídeo en directo máis aló e durante o mes de xullo ofrecerá dende Arxentina e para máis de 50 países do mundo a Copa América 2011 que rematará o 24 de xullo e que contará coa participación de 12 seleccións nacionais.
Na canle de YouTube da Copa América poderán seguirse en directo os 26 partidos do torneo, incluíndo a primeira fase, os cuartos de final, as semifinais e a final, contando con comentaristas exclusivos para YouTube e incluso reportaxes coas imaxes máis destacadas de cada encontro.
YouTube retransmitirá a Copa América
Compartir Este Artigo
