A Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) vén de estrear páxina web do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia baixo o dominio axega112.org e cun deseño integrador, moderno e actual, con contidos bilingües (en galego e español) e información de utilidade para o usuario, como alerta meteorolóxicas, un completo directorio telefónica, un calendario de eventos (no que figurará a oferta formativa da Administración en materia de xestión de emerxencias e protección civil) e novas de interese.
A nova páxina web tamén pretende pór ao día o mapa de xeadas e envaradas para que estrea plenamente operativo antes do inverno.
Dende AXEGA lembran que a anterior páxina web do Centro de Atención ás Emerxencias recibiu máis de 2,7 millóns de consultas en 2010, sendo a sección máis visitada o mapa de incidencias, seguida da información meteorolóxica e o informa diario de intervencións.
O Centro de Atención ás Emerxencias 112 renova a súa páxina web
Compartir Este Artigo
