En novembro de 2009 a Axencia de Protección de Datos (APD) abriu un procedemento tras o incidente informático rexistrado no Xulgado de Lugo, que puxo de manifesto un fallo provocado por unhas deficiencias históricas no ámbito xudicial galego en materia tecnolóxica.
Como xa se explicou no seu día, a incidencia informática bloqueou temporalmente o acceso á información do sumario do Caso Carioca por parte dos usuarios pero non provocou en ningún momento a perda de ningún dato nin o acceso á información por parte de terceiros. Non foi un incidente provocado senón un fallo do sistema informático.
A día de hoxe catro dos seis requirimento que formula a Axencia de Protección de Datos están resoltos e os dous restantes en marcha. Cómpre destacar que estas incidencias xa foran detectadas e xa se estaba traballando para solucionalas antes do procedemento aberto pola APD e así se lle trasladou aos inspectores da Axencia.
En relación ás medidas requiridas pola APD, a Administración autonómica xa habilitou un mecanismo que rexistra todos os accesos aos procedementos xudiciais e que están baixo o control directo do responsable de seguridade competente. Tamén se estableceu un procedemento para que os usuarios autorizados a entrar no sistema non poidan extraer información e se revisou e mellorou o control de acceso dos usuarios aos procedementos xudiciais. Ademais, cando executen procesos que poidan supor una alteración o perda da integridade da información, se establezan as medidas de seguridade al respecto.
Con respecto as actuacións pendentes, a Consellería de Presidencia vén de informar ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de que nos vindeiros días iniciarase unha auditoría, que chegará nunha primeira fase a 16 órganos e servizos xudiciais, para verifique o cumprimento das medidas de seguridade dispoñibles nos Sistemas de Información utilizados no ámbito xudicial. Por outra banda, estase a traballar no establecemento de normas e recursos para a destrución de soportes e documentación que conteña datos de carácter persoal.
A Xunta solucionou máis da metade dos requirimentos esixidos pola APD para a mellora da seguridade informática dos xulgados
Compartir Este Artigo
