
Tendo en conta o estipulado nas bases, as achegas aspirantes aos premios deberán cumprir o requisito de ter sido difundidas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2010. Poderán optar aos galardóns, engade o Consello Asesor, medios de comunicación, axencias o promotoras “que divulguen anuncios publicitarios nas modalidades de cuña radiofónica, spot televisivo ou banner”.
O xurado, composto polo pleno do Consello Asesor, terá en conta cuestións e valores como por exemplo a singularidade e a orixinalidade da produción, o maxín disposto, a calidade lingüística oral e escrita e o contido multimedia dos traballos para internet.
O premio consiste nunha peza orixinal que vai variando cada ano e que na última edición, presentada e celebrada en Lugo, representaba a muralla romana, a través dunha obra do artesán André de Navia, en prata, madeira e lousa. Nesa ocasión concorreron 126 anuncios aos premios, e foron galardoados o spot Maloserá de Gadis; a cuña radiofónica Arts divino de Radio Nordés (SER), o banner da XXVI Mostra de Olería de Buño, e o deseño gráfico Achega a muralla de Lugo a toda Europa, da empresa Mombús.
O prazo para concorrer no premio de publicidade en galego da RTVE e a CRTVG remata o 15 de xullo
Compartir Este Artigo
