
A iniciativa ATClusters diríxese a pór en xogo novos espazos de colaboración empresarial entre os países asociados á mesma, inseríndose nesta liña o encontro que se celebra en Rennes ou ben a xuntanza do sector agroalimentario que tivo lugar en Xixón no mes de marzo, coa concorrencia directa de clusters do Arco Atlántico. Tanto polo éxito deste evento como polos bos agoiros derivados da reunión desenvolvida en Vigo hai uns cantos días para fortalecer as alianzas da industria creativa hispano-portuguesa, decidiuse ampliar o alcance da mesa de comunicación ás demais rexións agrupadas no proxecto ATClusters. De aí xorde precisamente a reunión de Rennes, na que participan máis países e, polo tanto, máis frontes de alianza empresariais.
Ademais dos clusters galegos devanditos, acudirán ao encontro xerentes de clusters do resto de rexións membros do proxecto ATClusters (Irlanda, Asturias, Cantabria e Portugal), que serán recibidos polos clusters bretóns como anfitrións. En representación destes, estarán o polo de competitividade Images&Reseaux ou o Cluster Articulteurs, xa presentado na Conferencia Transnacional do proxecto celebrada en Santiago hai máis dun ano. Segundo informa a Consellería de Economía, na xuntanza de Rennes levaranse a cabo contactos con seis espazos xeográficos europeos, tanto individuais como de tipo conxunto, “e tanto de cara á colaboración bilateral como orientados á presentación de proxectos máis amplos, o que posibilitará unha optimización dos recursos temporais e financeiros do proxecto e das propias organizacións implicadas”.
Membros dos clusters galegos das TIC e a cultura participan nunha xuntanza europea na Bretaña
Compartir Este Artigo
