
Os contidos ofrecidos na aplicación de televisión interactiva que terá por nome 112.TV consistirán en información sobre situacións de emerxencia e avisos masivos á poboación como fenómenos meteorolóxicos adversos, emerxencias extraordinarias ou a activación de Plans de Emerxencias e Protección Civil.
Nun primeiro momento a aplicación 112.TV centrarase na consulta de emerxencias activas, a busca de emerxencias por criterios de filtrado e a publicación de comunicados urxentes á poboación. Tamén será posible gozar do servizo de xeito pasivo (subscribíndose aos avisos) ou activo (accedendo á aplicación).
Axega e R crearán unha canle de televisión interactiva sobre emerxencias e protección cidadá
Compartir Este Artigo
