A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria fai público o novo portal web de Formación Profesional co obxectivo de ofrecer un mellor servizo ao conxunto da cidadanía galega. O novo espazo permite unha visualización áxil de todo aquilo relacionado coas ensinanzas de FP e programas de cualificación profesional inicial (PCPI), mellorando a usabilidade con novas funcionalidades específicas.
O portal ofrece novidades tanto na forma, coa utilización de mapas interactivos que permiten a visualización dos centros e ensinanzas educativas ofertadas, conectividade coas redes sociais, abrindo unha nova vía de comunicación e o uso de galerías de tipo multimedia. Deste xeito posibilitan o achegamento en imaxes das competicións e tarefas desenvoltas polos alumnos, favorecendo a divulgación e dando a coñecer as actividades que se realizan desde os centros de FP.
Ademais dáse tamén un impulso aos contidos, con espazos de xestión de calidade e impulso do espírito emprendedor (eduemprende, o campionato de FP GaliciaSkills, plans de formación do profesorado, orientación profesional, rede de centros integrados e difusión de programas internacionais). Con esta iniciativa preténdese achegar a FP ao modelo produtivo e dar unha maior importancia ás empresas.
A finalidade deste esforzo é lograr unha web actual, dinámica e en contacto coa cidadanía, aproveitando os novos recursos comunicativos que ofrece a rede coa finalidade de integrar o sistema educativo e ao conxunto dos galegos na nova realidade 2.0.
A Formación Profesional galega estrea portal web
Compartir Este Artigo
