A Xunta de Galicia vai pór en marcha un rexistro galego de plans de emerxencia, que facilitará que todos os axentes que interveñen nos accidentes teñan acceso á información actualizada sobre os plans de autoprotección, o que permitirá optimizar a súa actuación en caso de sinistro nos establecementos que deben contar con estes plans.
O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, presidiu hoxe a xuntanza da Comisión Galega de Protección Civil onde se lle deu o visto bo á orde pola que se establece o rexistro, que vén a desenvolver o Decreto 171/2010 sobre plans de autoprotección na Comunidade Autónoma de Galicia.
O plan de autoprotección é un documento que establece o marco orgánico e funcionar previsto para un centro, establecemento, instalación ou dependencia, co obxectivo de previr e controlar os riscos sobre persoas e bens e dar resposta axeitada a posibles situacións de emerxencias, na zona responsabilidade do titular e garantindo a integración das actuacións co sistema público de Protección Civil.

A través do rexistro, garantirase que a información dos plans estea actualizada, xa que terá un sistema de control da operatividade dos plans, recollendo si se fai formación, exercicios ou simulacros. O rexistro tamén permitirá reducir o uso do papel ao evitar copias de documentos aos organismos que deben coñecer estes plans.
Un rexistro electrónico de plans de emerxencia facilitará as actuacións ante incidencias
Compartir Este Artigo
