
De feito, as frecuencias obtidas polo noso operador a través do devandito concurso farán posible “o desenvolvemento de redes móbiles de tecnonoloxía LTE (Long Term Evolution), tamén coñecida como superbanda ancha móbil, idóneas para ofrecer servizos móbiles de cuarta xeración e preparadas para a transmisión de datos en mobilidade”, informa R nun comunicado.
Asemade, o feito de contar co dito espectro radioeléctrico posibilitaralle ao operador perfilar a posibilidade de levar as redes con tecnoloxías móbiles a zonas da nosa terra onde ata o de agora é “inviable facelo”, engade, “mediante solucións fixas”. Para R, este sería un piar importante de cara á futura e definitiva supresión da fenda dixital que nos afecta dende hai anos, comezándose unha nova etapa no eido do desenvolvemento do noso país, incluído tamén o rural. A día de hoxe, R achega velocidades de acceso á rede de 30 e 100 megas alí onde ten cobertura. Asemade, engade, “co apoio do Plan de Banda Larga da Xunta reforzaremos novamente o obxectivo de situar a Galicia á vangarda das telecomunicacións para competir en Europa e no resto do mundo”.
R acada espectro radioeléctrico para despregar redes móbiles de nova xeración
Compartir Este Artigo
