A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria integrará no vindeiro curso a un total de 77 novos centros educativos no marco do Proxecto ABALAR, 37 máis dos inicialmente previstos para este ano. Culmínase deste xeito a convocatoria realizada por resolución do 15 de abril deste ano, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) do día 27, á que se presentaron dentro de prazo 180 solicitudes.
Así continúase a incrementar o número de colexios beneficiados polo Proxecto ABALAR, que chegará a máis de 31.500 alumnas e alumnos o vindeiro curso escolar. Ao longo desta semana publicarase a listaxe definitiva dos novos centros adscritos á rede ABALAR.
Actualmente a Consellería atópase traballando na electrónica de rede dos preto de 300 centros que iniciaron a súa andaina neste proxecto o curso pasado, xa que incrementarán a súa oferta. Estes colexios, manterán o Abalar nos cursos de 5º de primaria e 1º da ESO, e estenderán o proxecto aos cursos de 6º de primaria e 2º da ESO.
O proxecto ABALAR dota de equipamento e infraestruturas aos centros de educación, e insta á participación do conxunto da poboación galega nas novas tecnoloxías. Facilita as relacións entre os membros da comunidade escolar, mediante o Espazo Abalar, plataforma web destinada a fomentar a interactividade e seguimento académico do alumnado a profesores e familias.
O vindeiro curso incorporaranse 77 novos centros ao Proxecto ABALAR
Compartir Este Artigo
