A aplicación facilita a localización das estacións de préstamo de bicicletas en Santiago de CompostelaCombici, o servizo de público de empréstamo de bicicletas de Santiago de Compostela, que ata o 31 de outubro funciona en horario de verán (de 8 da maña a 10 da noite, pechando 2 horas antes durante o inverno) e conta con 9 puntos de préstamo (Estación de Autobuses, Multiusos Fontes do Sar, Complexo Deportivo de Santa Isabel, Área Central, Campus Sur, Campus Norte, Praza Rodrigo de Padrón, Avda. Xoán XXIII e Praza de Vigo), non só ten uns prezos moi atractivos (10 euros/ano ou 5 euros/semana) senón que agora está máis accesible grazas a unha aplicación para móbiles con Android desenvolvida por Imaxina Design que facilita consultar a dispoñibilidade nos distintos puntos de préstamo en tempo real, así como as prazas libres que hai en cada estación. Tamén achega un mapa que axuda a localizar as distintas estacións de empréstamo.