A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de premiar, no marco do certame FP Idea 2011, os mellores proxectos empresariais e ideas máis innovadoras do alumnado de ciclos de grao superior sostidos con fondos públicos, dos centros de formación profesional galegos. Os galardóns recoñecen tanto o traballo das alumnos e alumnas como o indispensable labor de titorización dos seus profesores no desenvolvemento dos seus traballos.
Con estes premios a Consellería pretende potenciar a creación de novas empresas así coma o espírito emprendedor do alumnado galego, coa finalidade de que estes proxectos repercutan no futuro económico e social de toda Galicia.
No sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICS) resultou premiada MSS Beacon, realizada por Héctor Rodríguez España e Jaime Montero Martínez, titoría do mestre Antonio González Fernández do IES de Fene.
Educación premia aos mellores proxectos empresarias e ideas innovadoras do alumnado no certame FP Idea
Compartir Este Artigo
