
A compañía nipona leva varios anos con resultados moi negativos na súa división de videoxogos, e agora atopa con que o salvavidas da compañías, os televisores Bravia, tampouco están a dar os resultados que desexan, polo que teñen que facer numerosos reaxustes na empresa, especialmente reducindo custos de fabricación, aínda que iso dificilmente acontecerá coas consolas de videoxogos, polo que aseguran que a PS Vita partirá dos prezos anunciados previamente (que parte de 249 euros) non podendo reaccionar á baixada de prezo da Nintendo 3DS o vindeiro 12 de agosto (que posiblemente quede en 179 euros, converténdose nun rival difícil de bater).
A Nintendo 3DS tamén vai lanzar grandes xogos na segunda metade do ano, polo que chegará con moita forza á campaña de Nadal, buscando manter a súa posición líder no mercado portátil (que mantén dende o lanzamento da vella Game Boy), aínda que non hai que esquecer que a PSP, pese a quedar moi lonxe en vendas da Nintendo DS/DSi, conseguiu facerse un lugar nun mercado monopolizado por outra compañía.
A PS Vita non chegará a Europa este ano
Compartir Este Artigo
